Información sobre os bonos
O Concello do Grove pon en marcha un plan de apoio e dinamización do seu tecido social e económico con diversas medidas englobadas na campaña MercaNoGrove. Unha delas, e fundamental, é a posta en circulación duns packs de bonos de 30 € (10 + 10 + 5 + 5 €) dos que a persoa usuaria paga 20 € e os outros 10 € corren a cargo do Concello.
Os bonos pódense trocar en calquera dos establecementos adheridos á campaña. A campaña vai do 21/10/2026 ao 31/12/2026.
Se es comerciante e queres participar, podes solicitar a alta nesta web ou presentar a solicitude na sede electrónica do Concello.
Como funciona
-
Pagas 20 €
Rexístrate co teu teléfono móbil e merca o pack desde a web.
-
Obtés 30 €
Catro bonos: dous de 10 € e dous de 5 €, no móbil ou en PDF.
Mercar bonos -
Trocas no comercio
Gástaos en calquera das tendas adheridas á campaña.
Ver as tendas
Preguntas frecuentes
Que preciso para mercar?
Un teléfono móbil, para recibir o código de activación por SMS, e o teu DNI ou NIE. Podes mercar ata dous packs por persoa. Se precisas axuda para facelo, o Concello ofrece asistencia presencial.
Como pago na tenda cos bonos?
Amosa os bonos no móbil ou impresos en PDF. A tenda le o código QR e comproba o teu número de móbil, así que ten o teléfono á man. Cada bono gástase enteiro nunha soa tenda e podes usar varios na mesma compra, ata 60 €.
E se a compra custa menos ca o bono?
Non se devolve a diferenza: os bonos non se cambian por diñeiro. Se devolves un produto, a tenda dache un vale polo importe da compra.
Onde están os meus bonos?
Ao pagar enviámosche por SMS unha ligazón para descargalos. Tamén os tes sempre en «Os meus bonos», entrando co teu teléfono e contrasinal desde calquera dispositivo.
Ata cando podo gastalos?
Ata o 31/12/2026. Despois desa data as tendas xa non os poden aceptar.
Cambiei de número ou perdín o móbil
Os bonos non se perden: están na túa conta. Escríbenos a mercanogrove@concellodogrove.es ou por WhatsApp e cambiámosche o teléfono.
O pagamento fallou
Os bonos só se crean cando o banco confirma o pagamento. Un pedido sen pagar anúlase soo nunha hora e podes volver tentalo. Se ves un cargo sen bonos, escríbenos.
As condicións completas están nas bases da campaña (PDF).