Aviso legal
Última actualización: 26/10/2026
1. Datos identificativos
- Titular: Concello do Grove
- CIF: P3602200B
- Enderezo: Praza do Corgo s/n, 36980 O Grove (Pontevedra)
- Correo electrónico: mercanogrove@concellodogrove.es
- Sitio web: mercanogrove.concellodogrove.es
A plataforma opéraa a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES), con NIF G36032498 e domicilio social en Rúa Luis Casais 1, O Grove (Pontevedra), en virtude dun convenio co Concello do Grove, e actúa como encargado do tratamento. Teléfono de contacto: (+34) 986 732 011; correo electrónico: emgrobes@emgrobes.org.
2. Obxecto
Este documento dá cumprimento ás obrigas da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSI-CE), e informa das condicións de uso deste sitio web, dedicado á campaña de bonos de desconto para o comercio local do Grove.
Calquera persoa que acceda a este sitio web asume a condición de persoa usuaria e comprométese a respectar as condicións aquí recollidas e a lexislación que resulte de aplicación.
3. Condicións de uso do servizo
- Para mercar bonos é necesario rexistrarse cun número de teléfono móbil e validalo mediante un código enviado por SMS.
- Os bonos son persoais e só se poden trocar nos establecementos adheridos á campaña.
- Existe un límite de packs de bonos por persoa, indicado na propia web e nas bases da campaña.
- As condicións completas da campaña son as recollidas nas bases legais publicadas nesta web.
4. Responsabilidade
O titular exímese de responsabilidade pola información publicada neste sitio web cando fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo.
Desde este sitio web pode redirixirse a contidos de terceiros. O titular non asume responsabilidade sobre eses contidos, e retirará de inmediato calquera ligazón a contidos que contraveñan a legalidade vixente cando teña coñecemento deles.
O sitio web foi revisado para que funcione correctamente, pero non se pode descartar a existencia de erros de programación nin de causas de forza maior que impidan temporalmente o acceso.
5. Protección de datos
O tratamento dos datos persoais réxese polo Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A información detallada está na política de privacidade.
6. Propiedade intelectual e industrial
A programación, edición, deseños, logotipos, textos e gráficos deste sitio web son propiedade do titular ou este dispón da correspondente licenza ou autorización. A reprodución, distribución ou explotación total ou parcial require autorización previa por escrito.
Os logotipos e denominacións dos comercios adheridos pertencen aos seus respectivos titulares, que autorizaron o seu uso no marco desta campaña.
Autorízase que terceiros ligen aos contidos deste sitio web, sempre que a ligazón se faga á páxina correspondente e non se reproduza o contido nun marco alleo.
7. Cookies
Este sitio web só emprega cookies propias necesarias para o seu funcionamento. Podes consultar o detalle na política de cookies.
8. Lei aplicable e xurisdición
A relación entre o titular e as persoas usuarias réxese pola lexislación española. Ao tratarse dun servizo prestado por unha administración pública, as controversias que xurdan resolveranse ante a xurisdición contencioso-administrativa que resulte competente conforme á Lei 29/1998.
Nas relacións coas persoas consumidoras, estas poderán acudir ao foro que lles recoñeza a normativa de consumo, sen que a presente cláusula limite ese dereito.