Benvido a MercaNoGrove

Os bonos MERCANOGROVE intégranse dentro do Plan de protección do tecido social e económico para que entre todas e todos poidamos axudar o noso comercio local, que tan reducidas viu as súas vendas pola crise da Covid. Por iso, e co obxectivo de incentivar a compra de proximidade, lanzamos este plan, que consiste na posta á disposición da cidadanía duns bonos de desconto a través dos cales os comercios venden máis e ti aforras cartos.
A través desta páxina web, logo de rexistrarte e activar o teu correo electrónico e o teléfono móbil, poderás adquirir de xeito limitado un pack de bonos divididos en 2x10 € e 2x5 €. É sinxelo, pola compra dun bono de 20 € disporás de 30 € para gastar nos comercios adheridos a esta campaña.
Finalizado o proceso de compra, xa te podes achegar ao teu comercio de confianza e mercar o que ti queiras. Os códigos dos bonos están dispoñibles tanto en versión dixital no teu teléfono como nunha versión imprimible en PDF. Accede á sección “Panel” para visualizalos. Lembra que só podes mercar dous packs de bonos por persoa e que tes ata o 19 de decembro de 2022 para facelos efectivos.