Paga 20 €, merca por 30 € nas tendas do Grove
Levas catro bonos (10, 10, 5 e 5 €) para gastar nos comercios adheridos. Ti pos 20 € e o Concello engade outros 10 €.
Como funciona
- Crea a túa conta Co teu móbil e o DNI. Recibes un SMS cun código que será o teu contrasinal.
- Merca o pack Pagas 20 € con tarxeta e recibes catro bonos por valor de 30 €. Ata dous packs por persoa.
- Gástaos nas tendas Amosa o QR no móbil ou en papel, ata o 31/12/2026. A tenda comproba o teu número de móbil.
Tendas adheridas
Aínda non hai tendas adheridas. En canto se validen as primeiras, aparecerán aquí.
Dúbidas habituais
Se a compra custa menos ca o bono, devólvenme a diferenza?
Non: os bonos non se cambian por diñeiro. Podes usar varios na mesma compra, ata 60 €.
Onde están os meus bonos despois de pagar?
Chégache un SMS cunha ligazón para descargalos e tamén os tes en «Os meus bonos», entrando co teu móbil.
Non me arranxo coa web. Podo mercalos doutra forma?
O Concello ofrece axuda presencial. Tamén podes escribir a mercanogrove@concellodogrove.es ou por WhatsApp.
Tes un comercio no Grove?
Adhírete á campaña: os veciños gastan os bonos na túa tenda e ti recibes o importe por transferencia bancaria. Para trocalos abonda con escanear o QR co móbil.